De Nut Teatro
Ano: 2009
Carlos Neira, director
Con Wake Up, a compañía Nut Teatro continúa a liña de traballo plantexada nas súas anteriores propostas escénicas (Corpos Disidentes, 4.48 Psicose e A Mirada de Pier), onde apostaba por obras experimentais que combinaban fórmulas especificamente teatrais con outras máis próximas á arte "realizativa" ou de acción.
Centrado en investigar novas relacións co espectador e máis ligado ao proceso de creación que ao resultado, trátase dun espectáculo interdisciplinar en diálogo íntimo coas novas tecnoloxías que indaga nas novas teatralidades contemporáneas do panorama artístico internacional.
A escena como espazo para a intimidade.
Tomando como punto de partida o concepto de intimidade, entendido este como a verdade acerca de un mesmo, Nut Teatro presenta unha peza na que o espectador se converte nun voyeur-mirón de algo que pasa máis alá del, e co cal se pode identificar. O espectador observa; é transgresor e cómplice mirando, sen sentirse protagonista. Trátase, en definitiva, de conseguir penetrar na intimidade dos personaxes sen recurrir a confesións nin a datos biográficos pertencentes á privacidade.
A partir dunha situación límite -diferentes persoas alugan unha habitación cunha soa cama que usan por quendas- o espectáculo reflexionaba en torno á intimidade e ás relacións xurdidas de novos modelos de convivencia que o devinir dos tempos fixo aparecer: as "camas quentes". Esta expresión refírese ao leito subarrendado a homes e mulleres que carentes de recursos económicos apenas poden pagar o alugueiro dun catre multiusos. Este feito chega ao seu extremo cando algunhas destas persoas, vencidas polo sono, durmen por quendas en calquera habitáculo onde caiba un corpo, sen importar a posición, o lugar, a estreitura, a compañía ou a suciedade.
Nerea Barros
Xiana Carracelas
Carlos Neira
Iria Sobrado
Arantza Villar
Dirección e dramaturxia: Carlos Neira
Axudante de dirección: Iria Sobrado
Elenco: Nerea Barros, Xiana Carracelas, Carlos Neira, Iria Sobradoe Arantza Villar
Produción executiva: César Abella
Textos: Nut Teatro
Espazo Escénico: Nut Teatro
Deseño de Luz: Octavio Mas
Linguaxes interactivos e electrónica: Rosa Sánchez e Alain Baumann
Son interactivo: Alain Baumann
Audiovisuais: A_túa
Asesor de dramaturxia: Guillermo Heras
Xuño 2009
Porto, Teatro Carlos Alberto
Sábado 6. Función de estrea.
Domingo 7. Función de estrea.
32º FITEI