Novas
O CUARTETO DE POST-ROCK TOCARÁ O VINDEIRO XOVES 11 A PARTIR DAS 22.00 H DESPOIS DE ESGOTAR EN DOUS DÍAS AS ENTRADAS RESERVADAS PARA A VENDA ANTICIPADA
[09/03/2010] A banda xaponesa de rock
Mono inaugurará unha nova edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago co concerto que ofrecerá no Salón Teatro o vindeiro xoves 11 de marzo, a partir das 22.00 horas, despois de esgotar en apenas dous días todas as entradas dispoñibles para a venda anticipada. A actuación do cuarteto -inserida dentro da xira internacional de presentación do seu quinto e último traballo discográfico,
Hymn To The Inmortal Wind- estará precedida da de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista, respectivamente, estes dous músicos asinan unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO SUBE POR PRIMEIRA VEZ AOS ESCENARIOS DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO E INTERPRETADA POR UN ELENCO DE 14 RECOÑECIDOS ACTORES E ACTRICES
[04/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta mañá venres 5 de marzo, ás 21.30 h, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
A MONTAXE COA QUE A COMPAÑÍA GALEGA CONMEMORA O SEU VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO REPRESENTARASE O XOVES 4, VENRES 5 E SÁBADO 6, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 7, ÁS 18.00
[02/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana
O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 4, venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e o domingo 7, ás 18.00 horas.
O ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO REPRESÉNTASE O VINDEIRO VENRES 26 DE FEBREIRO, ÁS 21.00 HORAS, NO TEATRO LAURO OLMO
[24/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres 26 de febreiro, ás 21.00 h, no Teatro Lauro Olmo do Barco
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
TRALO ÉXITO OBTIDO DURANTE A SÚA EXHIBICIÓN NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, A PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA VISITARÁ OUTROS SETE ESCENARIOS ATA PRIMEIROS DE ABRIL
[18/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia mañá en Narón o período de distribución da súa última montaxe,
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.593 espectadores nas 17 funcións ofrecidas, o espectáculo presentarase no Pazo da Cultura naronés (venres 19 ás 20.30 horas e sábado 20 ás 20.00 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata primeiros de abril e durante a que visitará un total de sete localidades galegas.
| 1 |
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
| Seguintes