AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O EVENTO, QUE COMBINA AS ACTIVIDADES FORMATIVAS CUN PROGRAMA DE EXHIBICIÓN ABERTO AO PÚBLICO, CONGREGARÁ 70 ARTISTAS EMERXENTES E PROFESIONAIS DAS ARTES ESCÉNICAS

O CDG organiza en Santiago Circo Europa, primeiro encontro internacional de novos talentos do circo

[11/06/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza do 17 ao 29 de xuño o I Encontro Jeunes Talents Circo Europe que, baixo o título xenérico de Circo Europa, congregará en Santiago de Compostela un total de 70 novos artistas e profesionais do novo circo e das artes escénicas arredor dun programa que combina as actividades formativas coa exhibición de espectáculos no Salón Teatro. Deste xeito, a compañía pública convida tanto ao público xeral como á comunidade artística do novo circo galego a participar neste evento internacional.
A ÚLTIMA PROPOSTA DO PROGRAMA DE COPRODUCIÓNS DA COMPAÑÍA PÚBLICA PARA A TEMPORADA 2009-2010 OFRECE TRES FUNCIÓNS EN SANTIAGO DO VENRES 11 AO DOMINGO 13

A compañía Sapristi en coprodución co CDG estrea no Salón Teatro "Por que o meniño se coce na polenta?"

Documento anexo[09/06/2010] A compañía galega Sapristi Teatro estrea este venres 11 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Por que o meniño se coce na polenta?, realizado en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) baixo a dirección de Roberto Leal. A actriz Nuria Sanz e o músico Ignacio Sanz interpretan esta montaxe, a partir da adaptación da novela da autora romanesa Aglaja Veteranyi que asinou Quico Cadaval, na que se mesturan xéneros que van desde o clown ata un realismo que roza o dramático, pasando pola comedia xestual, o cabaret, a revista, o musical, o vodevil e o circo cos seus pallasos, equilibrismos e acrobacias. Trala función de estrea, esta última coprodución da compañía pública para a temporada 2009-2010 ofrecerá senllos pases o sábado 12 ás 20.30 h e o domingo 13 ás 18.00.
A MONTAXE REPRESÉNTASE ÁS 20.30 HORAS FROITO DUN ACORDO DE INTERCAMBIO ARTÍSTICO ENTRE A AGADIC E O FITEI DO PORTUGAL

A compañía brasileira Leões de Circo chega mañá ao Salón Teatro de Santiago co monólogo sen texto "A descoberta das Américas"

Documento anexo[02/06/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves ás 20.30 horas a posta en escena da obra A descoberta das Américas, a cargo da agrupación brasileira Leões de Circo, como froito dun acordo de intercambio artístico asinado entre a Axencia Galega das Industrias Musicais (Agadic) e o Festival Internacional de Expressão Ibérica (FITEI) de Portugal. No marco desta mesma iniciativa de colaboración, a compañía galega Entremans presentará na noite de hoxe o seu espectáculo Concerto Desconcerto no Palácio da Bolsa de Porto.
A OBRA DE DAVID DESOLA ABORDA TEMAS COMO A VIOLENCIA NAS AULAS OU A LOUCURA COMO EVASIÓN

A compañía madrileña K Producciones representa esta fin de semana no Salón Teatro "La charca inútil"

[27/05/2010] A compañía madrileña K Producciones visita esta fin de semana -sábado 29 ás 20.30 horas e domingo 30 ás 18.00- o Salón Teatro de Santiago para representar La charca inútil , espectáculo sobre o texto escrito por David Desola, un dos valores emerxentes da dramaturxia contemporánea que obtivo por esta peza o Premio Lope de Vega de Teatro. Baixo a dirección escénica de Roberto Cerdá, o trío interpretativo que compoñen Adolfo Fernández, Sonia Almarcha e Miguel Palenzuela protagoniza este drama sobre a tolemia como evasión e a violencia escolar.
O AFORO ESTÁ LIMITADO A 80 ESPECTADORES QUE SE UBICARÁN NO ESCENARIO E DECIDIRÁN SE QUEREN CONTINUAR VENDO A REPRESENTACIÓN INICIAL OU ESCOITAR AOS ESPONTÁNEOS

O Salón Teatro acolle "La función por hacer", espectáculo revelación da actual temporada escénica

Documento anexo[20/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin semana (sábado 22 ás 20.30 horas e domingo 23 ás 18.00) o espectáculo de Kamikaze Producciones La función por hacer, unha adaptación libre de Miguel del Arco e Aitor Tejada sobre a obra de Luigi Pirandello Seis personaxes en busca de autor. A montaxe da compañía madrileña, considerada unha das máis importantes revelacións da actual temporada a nivel estatal, desenvolve unha escenificación moi especial, ao situar en primeiro plano a interacción coas únicas 80 persoas que conforman todo o público posible en cada pase.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 | 46 | 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal