AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE ENGARZA TEXTOS DE ANXOS SUMAI, CÁNDIDO PAZÓ, SONIA TORRE, SUSO DE TORO E XOSÉ M. PAZOS

Teatro de Ningures estrea no Salón Teatro "Emigrados" baixo a dirección de Etelvino Vázquez

[22/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais.
O CONCERTO DE ENSAMBLE INSTRUMENTAL É UN REPASO A CINCO OBRAS DA TRAXECTORIA DO COMPOSITOR

Manuel Rodeiro escolle o Salón Teatro para a estrea de "Fende-lo son"

[17/02/2007] O compositor galego Manuel Rodeiro estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu último espectáculo de música contemporánea, Fende-lo Son, un concerto que repasa a través de cinco obras a súa traxectoria profesional. Acompañado polo Ensamble instrumental que forman Felipe González Agell (clarinete), Berta Fresco (piano) e Carme Garrigó (percusión), o evento terá lugar este domingo 18 ás 20.00 horas.
A MÍTICA COMPAÑÍA ANDALUZA OFRECE DÚAS FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO

La Zaranda trae a Santiago o seu teatro expresionista con "Los que ríen los últimos"

[15/02/2007] O grupo La Zaranda presenta no Salón Teatro de Santiago mañá venres 16 e o sábado 17, ás 20.30 horas, a súa última proposta escenográfica Los que ríen los últimos, dirixida por Paco de La Zaranda a partir do texto de Eusebio Calonge, a última proposta escénica desta mítica compañía andaluza. Neste espectáculo volven a estar presentes as constantes estilísticas que caracterizan os traballos de La Zaranda, como son o compromiso existencial e a fidelidade a súas raíces tradicionais como recursos dramáticos, o uso simbólico dos obxectos, o expresionismo visual, a depuración de textos e a creación de personaxes e situacións límites.
O RECITAL "FRAGMENTOS" COMBINA VIDEOPROXECCIÓNS E IMPROVISACIÓNS EN SOPORTE VISUAL

O dúo de saxo e electrónica Pedro Rebelo&Pablo Coello abren o programa de música actual do Salón Teatro

[13/02/2007] A música actual entra no programa trimestral do Salón Teatro de Santiago de Compostela da man do dúo que integran o saxofonista galego Pablo Coello e o portugués Pedro Rebelo á electrónica. Ambos ofrecerán un concerto mañá mércores 14 de febreiro ás 20:30 horas, no que baixo o título de Fragmentos, a música combinarase con material audiovisual como videoproxeccións e as improvisacións con soporte visual.
"LAST CHANCE" ESTÁ INTERPRETADA POLA CANTANTE DOLO BELTRÁN E OS ACTORES PAUL BERRONDO E ANDRÉS HERRERA

O Salón Teatro estrea esta fin de semana a versión en castelán dunha coprodución do Lliure

[09/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela, espazo de exhibición escénica que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), acolle esta fin de semana (sábado 10 ás 20:30 h e domingo 11 ás 18:00 h.) a estrea en castelán da obra Last chance (Última oportunidade), unha coprodución do Teatre Lliure co Centre d’Arts Escèniques de Reus–CAER. Trátase dunha nova proposta da dramaturga e directora Carol López que conta con Dolo Beltrán, cantante do grupo Pastora, Paul Berrondo e Andrés Herrera no elenco.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 | 49 | 50 51 52 53 54 55 | Seguintes


AGADIC Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

Accesibilidade | Aviso legal