Novas
O AUTOR, ACTOR E DIRECTOR VALENCIANO EXERCITARÁ CON 14 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DE OBRAS
[29/01/2007] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe o segundo obradoiro do total de tres que conforman o curso de escrita teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade, impartido polo dramaturgo valenciano Paco Zarzoso e supervisado por Cándido Pazó, o autor residente no CDG na presente temporada. Un grupo de 14 alumnos seguerá esta actividade, que se desenvolverá até o venres día 2 de febreiro baixo o título
A estrutura dunha peza e na que se abordarán os distintos elementos da teatralidade á hora de abordar o traballo dramatúrxico.
ANTON SKRYPICIEL INTERPRETA EN SOLITARIO ESTA PEZA CONSTRUÍDA A PARTIR DE TEXTOS DE FERNANDO PESSOA
[25/01/2007] O Salón Teatro de Santiago ofrece maña xoves 25 e o venres 26, ás 20:30 horas, dúas funcións do espectáculo
Bones&Oceans , coreografía da compañía portuguesa Rui Horta, como parte da programación escénica deseñada este trimestre polo Centro Dramático Galego (CDG) para este espazo compostelán. A obra está baseada nunha das súas últimas obras producidas en Alemaña nos anos 90 por Horta, que crea neste novo traballo un dueto solitario para un home e un can de metal.
ESPECTÁCULOS DE UR, TEATRO LLIURE, RAYO MALAYO OU LA ZARANDA PASARÁN POLO ESCENARIO DO ESPAZO DO CDG
[17/01/2007] O Salón Teatro de Santiago inicia a súa nova programación trimestral cunha extensa carteleira que dá cabida a un total de 46 funcións desenvolvidas por 15 formacións artísticas. Teatro actual, danza moderna e música contemporánea son os tres eixos que sustentan o calendario de actividades que se prolongará até finais de marzo, mediante a presenza dunha coidada selección de compañías e artistas, tanto galegos como de fóra de Galicia, co obxectivo da consolidación do escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) como espazo de referencia para toda Galicia.
A PEZA DE MARUXA SALAS MUSICADA POR BERROGÜETTO EXHÍBESE EN COMPOSTELA DO 11 AO 14 DE XANEIRO
[10/01/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle do 11 ao 14 de xaneiro catro representacións de
Vacuo, a peza que Maruxa Salas deseñou para a inauguración do Centro Coreográfico Galego
(CCG), que chega a Compostela trala súa estrea o pasado 6 de xaneiro na Coruña como primeira proposta artística da nova unidade de danza dependente da Consellería de Cultura e Deporte ao través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais).
COMEZA HOXE CO ESPECTÁCULO "ENRIQUE 5º" DE ACHIPERRE TEATRO
[26/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acolle dende hoxe e até o 30 de decembro o ciclo Teatro Infantil de Nadal, no marco do que se exhibirán cinco espectáculos escénicos especialmente dirixidos ao público máis novo. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival comeza esta tarde, ás 19.00 horas, da man da compañía Achiperre Teatro, de Zamora, que visita Compostela cunha versión libre da obra de Shakespeare
Enrique V. A continuación actuarán os grupos galegos Talía Teatro con
O merlo branco (día 27), Disque Danza coa montaxe coreográfica
Menú vexetal (día 28), Sapristi con
Unha merenda de Alicias (día 29) e Berrobambán Teatro con
Buh! (día 30).
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
| 51 |
52
53
54
55
| Seguintes