AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A ILLA DE SAN SIMÓN SERÁ O NOVO EMPRAZAMENTO DAS SESIÓNS TEÓRICAS E PRÁCTICAS, QUE SE DESENVOLVERÁN EN DISTINTAS DATAS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

A Agadic organiza un novo ciclo de "master class" de música tradicional con Steven Greenman, Kepa Junkera e Antonio Placer Documento anexo

[10/11/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo organiza un novo ciclo de tres clases maxistrais de música tradicional, que impartirán os mestres Steven Greenman, Kepa Junkera (na imaxe) e Antonio Placer en distintas datas de novembro e decembro e que desta volta trasladarán o seu emprazamento á illa de San Simón, na ría de Vigo. O violín klezmer, os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os principais eixos temáticos desta terceira edición das master class.

AS SESIÓNS DE TRABALLO CENTRARANSE NO INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS E CONTACTOS EMPRESARIAIS EN ÁMBITOS COMO O PRODUTO GRÁFICO, O AUDIOVISUAL, A MÚSICA E A ESCENA

A Agadic convida as empresas culturais galegas á xornada "Co-Creation" de encontro coa industria creativa portuguesa Documento anexo

[09/11/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas de Portugal (Addict) colaboran na organización dun encontro entre empresas culturais de ambos lados da fronteira que, baixo o título Co-Creation: participación colaborativa e intercambio de experiencias nas industrias culturais, terá lugar o vindeiro martes día 16 na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Vigo.

UN TOTAL DE 11 PROFESIONAIS ASISTEN ÁS SESIÓNS FORMATIVAS, NAS QUE TAMÉN SE ABORDAN OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS CO BAILE COMO OS TRAXES OU A MÚSICA POPULAR

Calixto Albán Laxe imparte un obradoiro de danza tradicional no Centro Coreográfico Galego

[08/11/2010] Un total de 11 alumnos asisten dende hoxe e ata o vindeiro venres día 12 ao Taller de Danza Tradicional Galega que, organizado polo Centro Coreográfico Galego (CCG), imparte o especialista Calixto Albán Laxe, autor de O saber do pobo. Enciclopedia do traxe, danza e música tradicional. As clases, especialmente dirixidas a profesionais da danza e das artes do movemento, céntranse no coñecemento do baile tradicional como expresión da cultura galega, ademais de abordar outros aspectos esenciais para a súa execución, como os traxes e as súas partes ou os diferentes tipos de música popular.

A FUNCIÓN SOCIAL DO BAILE E O TRABALLO INTERDISCIPLINAR DESTACAN ENTRE AS TEMÁTICAS DAS PROPOSTAS SELECCIONADAS, ÁS QUE SE DESTINA UN TOTAL DE 29.000 EUROS

O Centro Coreográfico apoia a nova creación no ámbito da danza a través de oito proxectos de investigación Documento anexo

[05/11/2010] O Centro Coreográfico Galego resolveu a convocatoria do seu novo programa Proxectos de Investigación Coreográfica, a través do que destina un total de 29.000 euros ao desenvolvemento de oito iniciativas presentadas por outras tantas coreógrafas galegas. Ángela Blanco, Mónica García, Raquel González, Mª Dolores Fojón, Amparo Novas, Branca Novoneyra, Carlota Pérez e Lucía Piquero recibirán entre 2.000 e 5.800 euros para levar a cabo as súas propostas, entre as que a función social da danza e o traballo interdisciplinar como punto de partida da creación coreográfica destacan como principais pautas de traballo.

O PRESTIXIOSO OBOÍSTA ALEMÁN DIRIXIRÁ A SECCIÓN DE VENTOS DA ORQUESTRA DA EAEM NOS CONCERTOS QUE OFRECERÁ ESTE VENRES DÍA 5 EN SADA E O SÁBADO 6 EN SANTIAGO

O mestre Klaus Becker imparte un curso de óboe na Escola de Altos Estudos Musicais Documento anexo

[02/11/2010] A sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o vindeiro sábado día 6 un Curso de Óboe impartido polo mestre alemán Klaus Becker, considerado un dos principais oboístas da súa xeración. Un total de sete instrumentistas asisten a estas sesións, organizadas pola Sección de Formación Permanente deste centro para a especialización musical que xestiona a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: